Noticias

Podemos reclama máis presenza policial e atención continua na Comisaría

Podemos Ourense pide reforzar a presenza da Policía Local nos barrios e garantir atención presencial 24 horas na Comisaría.

A formación expresa a súa “profunda preocupación” pola atención á cidadanía e polo sentimento de seguridade na cidade, unha inquietude que, segundo indican, lles trasladan veciños non só do centro, senón tamén de zonas como Seixalbo, Untes ou Velle.

Podemos reclama máis presenza policial e atención continua na Comisaría

Desde o grupo municipal reclaman ao Concello que as patrullas rurais recuperen as súas rutas habituais polos barrios periféricos. O obxectivo sería mellorar a prevención e ampliar a capacidade de resposta ante posibles incidencias. Aseguran que esta medida é esencial para ofrecer un servizo eficaz e próximo.

Podemos reclama máis presenza policial e atención continua na Comisaría

Tamén consideran imprescindible que a Comisaría da Policía Local dispoña, de forma permanente e en quendas rotatorias, dun axente ou persoal administrativo que permita unha atención presencial ininterrompida. Actualmente, cando non hai persoal na sede policial, cómpre mobilizar unha patrulla para atender á veciñanza. Isto deixa zonas desatendidas e reduce a rapidez de resposta en casos de emerxencia.

O portavoz de Podemos Ourense, Francisco Diéguez, subliña que “a seguridade cidadá non pode depender do azar nin do horario. A veciñanza merece saber que, se precisa axuda, a cidade está preparada para responder. Non é só unha cuestión operativa, é tamén unha cuestión de dignidade e confianza institucional”. Engade ademais que “a presenza policial nos barrios é clave para previr conflitos, mellorar a convivencia e facer que a cidadanía se sinta acompañada e escoitada”.

Publicaciones relacionadas

Desde Podemos resaltan que a seguridade debe ser un dereito, e non un luxo. Reclaman ao goberno municipal compromiso, planificación e vontade política para reforzar o servizo e recuperar a confianza veciñal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.