Eventos

Procesións da Semana Santa 2025 no Carballiño

As procesións da Semana Santa 2025 no Carballiño avanzan co seu habitual carácter solemne, reforzando a identidade relixiosa e cultural da vila.

A programación arrancou xa con varios actos que reuniron fieis e curiosos nun ambiente de recollemento e devoción.

Procesións da Semana Santa 2025 no Carballiño

A tradicional Procesión da Virxe das Dores, celebrada o venres 11 de abril, e o Viacrucis parroquial do sábado 12 marcaron o inicio desta semana tan especial. Ámbolos actos contaron cunha notable participación e serven como preludio das principais procesións que agora se sucederán ata o Domingo de Pascua.

A partir do Domingo de Ramos, a vila entra de cheo na parte central da Semana Santa, con momentos destacados como a Procesión de Ramos coa borriquiña, a Sentenza, o Santo Enterro dos Caladiños ou a Resurrección, que encherán as rúas de espiritualidade e emoción.

Procesións da Semana Santa 2025 no Carballiño

Todas as procesións sairán do emblemático Templo da Vera Cruz, punto neurálxico destas celebracións.

Domingo de Ramos – 13 de abril
Ás 11:15 h celebrarase a Procesión de Ramos con «Xesús na Entrada Triunfal en Xerusalén», coñecida como a borriquiña. Participarán o Terzo Infantil da Cofradía e os nenos e nenas da Catequese de San Cibrao.

Xoves Santo – 17 de abril
Ás 20:30 h terá lugar a Procesión Penitencial da Sentenza, unha das máis sobrias e reflexivas da Semana Santa carballiñesa.

Venres Santo – 18 de abril
O día comeza ás 12:00 h coa Procesión do Cristo da Saúde. Pola noite, ás 21:00 h, celebrarase o Santo Enterro, tamén coñecido como a Procesión dos Caladiños, marcada polo silencio, as saetas e a música sacra.

Domingo de Pascua – 20 de abril
A Semana Santa culminará coa Procesión da Resurrección, ás 13:00 h. A imaxe da Virxe das Dores desfilará con traxe de gloria, simbolizando a alegría pola resurrección de Cristo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.