Eventos

Sesión de demostración do xogo Mitogali

Este sábado, 16 de marzo, terá lugar unha sesión de demostración do xogo Mitogali nas instalacións de OZOCOgz do Carballiño.

Creado por Dornavela Edicións, este xogo de rol ten un proceso creador totalmente galego. Temática, deseñador, maquetador, creador, editorial e lingua son 100% galegos.

Sesión de demostración do xogo Mitogali

A partir das 12:30h, esta sesión permitirá coñecer a dinámica deste xogo que ten como persoeiros principais ós tardos, nubeiros, urcos, lamias, meigas ou mouras. O patrimonio cultural de seres mitolóxicos que forman parte da nosa tradición están recollidos neste xogo.

Sesión de demostración do xogo Mitogali

Botón volver arriba