Eventos

OZOCOgz acolle a presentación de A CULPA FOI DE ZËNZAR

O sábado 7 de xuño a partir das 12:30 do mediodía, o espazo OZOCOgz converterase no epicentro da música en galego coa presentación do libro A CULPA FOI DE ZËNZAR. 35 ANOS DE ROCK EN GALEGO.

Un vermú-presentación que contará coa presenza de Laura Romero, autora da obra e integrante do mítico grupo Zënzar.

OZOCOgz acolle a presentación de A CULPA FOI DE ZËNZAR

Esta cita será unha oportunidade única para achegarse á historia desta banda que leva máis de tres décadas facendo historia no rock en galego.

Romero achegará o seu punto de vista como integrante do grupo e narradora da súa traxectoria.

O evento está aberto ao público e promete ser unha celebración da música, da cultura galega e do compromiso coa lingua propia.

OZOCOgz acolle a presentación de A CULPA FOI DE ZËNZAR

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.