Noticias

Solicitan a defensa da Residencia de Maiores de Ribadavia

Desde Ribeiro en Común solicitan a defensa da Residencia de Maiores de Ribadavia que non forma parte do plan de inversión en infraestruturas sociais.

Dezaseis concellos da provincia de Ourense contarán cunha inversión millonaria anunciada polos presidentes da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.

Solicitan a defensa da Residencia de Maiores de Ribadavia

Ribadavia non forma parte dese grupo de concellos e por ese motivo, Ribeiro en Común denuncia que non se recibirán inversións para a nova Residencia de Maiores ou o Centro de Día. Na petición de Ribeiro en Común, reclámase ó concello que «faga valer os intereses de Ribadavia».

Solicitan a defensa da Residencia de Maiores de Ribadavia
Foto: Ribeiro en Común

Botón volver arriba