Desde Ribeiro en Común solicitan a reparación de dúas rúas na localidade de Ribadavia ante o deterioro que presentan.
As rúas Progreso e Ribeiro presentan un mal estado de conservación polo que entenden que deben ser un obxectivo prioritario.
Solicitan a reparación de dúas rúas en Ribadavia
Ribeiro en Común tamén solicita o arranxo da zona de acceso á estación de autobuses que define como «propio dunha zona abandonada».
Solicitan que o goberno municipal esixa á Xunta de Galicia o arranxo da rúa Progreso desde o cruce da Franqueirán ata San Paio. Ribeiro en Común tamén pide o arranxo da rúa Ribeiro, de titularidade municipal, e critica que non se incluíse esta actuación nos dous plans de obras provincias da Deputación.