Eventos

Taller, presentación e sinatura con Eric Dopazo

Este sábado terá lugar un taller, presentación e sinatura con Eric Dopazo no Espazo Lector Nobel de Ourense ás 12 da mañá.

Este establecemento situado na rúa Santo Domingo acolle unha interesante proposta que terá a Eduardo Blanco Amor como protagonista.

Taller, presentación e sinatura con Eric Dopazo

Eric Dopazo falará sobre a figura do ilustre escritor galego Eduardo Modesto Blanco Amor. Este evento permitirá ós asistentes coñecer en profundidade a un autor que se atreveu «a ser el mesmo nunha época na que pouca xente o facía».

Botón volver arriba