A tenda OZOCOgz de O Carballiño acollerá este venres 25 de abril ás 19:30 h a actuación do grupo TOR, que presentará o seu último disco Zira.
O concerto terá lugar no local de OZOCOgz, situado na Rúa Curros Enríquez, 29, e servirá para conmemorar a Revolución dos Caraveis, símbolo da loita pola liberdade e a democracia en Portugal.
TOR celebra o 25 de Abril no Carballiño
A cita mestura música e memoria histórica, cun cartel no que destaca a flor do caravel e as cores verde e vermella, referencia directa ao espírito revolucionario do 25 de abril de 1974. O grupo TOR ofrecerá un repertorio no que interpretará temas do seu novo traballo discográfico, Zira, cheo de sons potentes e letras cargadas de identidade e reivindicación.

O evento está promovido por OZOCOgz que desta volta quere celebrar esta data emblemática cunha proposta artística cargada de contido.