Noticias

Ourense acolle o Torneo IV Nacións de hóckey sala coa Selección Española

Ourense convértese en referente do hóckey sala coa celebración de varios encontros da Selección Española no Anexo do Pavillón dos Remedios.

Estes encontros serán no marco do Torneo IV Nacións de Ourense.

Ourense acolle o Torneo IV Nacións de hóckey sala coa Selección Española

A cidade foi escollida como sede destas xornadas de traballo do combinado nacional, que prepara o Campionato de Europa de Heidelberg, previsto do 8 ao 11 de xaneiro.

Ourense acolle o Torneo IV Nacións de hóckey sala coa Selección Española
Pavillón dos Remedios

Esta iniciativa é froito da colaboración entre o Concello de Ourense e a Federación Galega de Hóckey. A mesma, permite o desprazamento da selección estatal para disputar unha serie de partidos de alto nivel internacional fronte a Italia, Portugal e Suíza. O torneo desenvolverase entre o domingo 28 e o martes 30 de decembro, con acceso aberto para o público.

Un dos atractivos destacados será o clinic gratuíto dirixido a nenos e nenas, que terá lugar o domingo 28 ás 12:00 horas, tras o primeiro encontro da selección española. Esta actividade busca facilitar a iniciación no hóckey sala e achegar aos máis pequenos á experiencia de compartir pista cos xogadores internacionais.

Publicaciones relacionadas

Horarios dos partidos en Ourense

Domingo, 28 de decembro
11:00 – España vs Italia
12:00 – Clinic gratuíto coa Selección Española
14:00 – Portugal vs Suíza

Luns, 29 de decembro
11:00 – España vs Suíza
12:30 – Italia vs Portugal
17:30 – Suíza vs Italia
19:00 – Portugal vs España

Martes, 30 de decembro
9:00 – Partido polo 3.º e 4.º posto
11:00 – Final do torneo
12:10 – Entrega de premios

Dende a Concellería de Deportes sublíñase que a cesión das instalacións dos Remedios responde á vontade de apoiar o traballo das federacións deportivas e de ofrecer á veciñanza espectáculos deportivos de nivel nacional sen saír de Ourense. Pola súa banda, a Federación Galega de Hóckey destaca a boa disposición do Concello para coordinar os aspectos loxísticos necesarios e garantir o correcto desenvolvemento da actividade da selección estatal na cidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.