Eventos

Trives celebra as XXII Xornadas Micolóxicas

A Pobra de Trives celebra as XXII Xornadas Micolóxicas durante a fin de semana do 4 ó 6 de novembro cunha ampla programación de actividades.

Entre as propostas do evento destaca o VII Concurso de Tapas que comeza o venres, 4 de novembro.

Trives celebra as XXII Xornadas Micolóxicas

O Club Montaña Trives organiza as XXII Xornadas Micolóxicas durante os días 4, 5 e 6 de novembro. Dentro da programación atopamos exposicións, saídas para recoller cogomelos ou chalas de persoas especializadas.

Programa das Xornadas Micolóxicas de Trives

Venres, 4 de novembro

  • 18h – Comezo do VII Concurso da Tapa Micolóxica

Sábado, 5 de novembro

  • 9:30h – Charla no Auditorio Julio Vázquez a cargo da Asociación Micolóxica «Os Cogordos»
  • 10:30h – Saída ó campo para a recollida dos cogomelos
  • 14:30h – Comida Gourmet Micolóxica no restaurante A Viuda
  • 16:30h – Entrega dos Cogomelos no patio interior da casa grande para a súa identificación
  • 18h – Inauguración da exposición con espectáculo teatral a cargo de «A Carnicería» no patio interior da Casa Grande
  • 18:30h – Exposición dos cogomelos no patio interior da Casa Grande

Domingo, 6 de novembro

  • 10h – Exposición dos cogomelos no patio interior da Casa Grande
  • 15h – Fin do VII Concurso da Tapa Micolóxica
  • 18h – Entrega de trofeos ós establecementos e sorteo no patio interior da Casa Grande
Trives celebra as XXII Xornadas Micolóxicas

VII Concurso Tapa Micolóxica

Durante as Xornadas Micolóxicas de Trives terá lugar o VII Concurso Tapa Micolóxica. Numerosos establecementos participan nesta iniciativa que sorteará varios agasallos entre os participantes.

Locais participantes:

  • Boliche
  • Manolos
  • Sky
  • Quintela
  • O Bodegón
  • A Cantina do Castro
  • O pan da María
  • O Pazo de San Lorenzo
  • As Maceiras
  • O Paíño
  • O Lar de Alicia
  • Estación de Montaña Manzaneda
  • San Martín
  • A Masía
  • Experience Truck

Información do evento:

  • O evento terá lugar entre as 18h do día 4 de novembro e as 15h do 6 de novembro.
  • Prezo da Tapa: 1,70€
  • Sorteo de agasallos o domingo, 6 de novembro, ás 18h no patio interior da Casa Grande.

Publicaciones relacionadas

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba