Noticias

Unanimidade no apoio ó Liceo de Ourense

Nos últimos días estase a producir un movemento de unanimidade no apoio que as institucións deben prestar ó Liceo de Ourense, entidade de gran relevancia na cidade.

A importancia que esta institución ten na historia da cidade vai ligada á intensa labor que desempeña actualmente na vida social e cultural de Ourense. Unha labor que merece un gran recoñecemento e tamén un decidido apoio.

Unanimidade no apoio ó Liceo de Ourense

No último pleno do concello de Ourense, o partido socialista presentou unha moción para conceder ó Liceo de Ourense a Medalla de Ouro da Cidade. Xosé Rúas, concelleiro socialista, destacou na súa intervención a «vital tarefa» que realiza o Liceo. Ademais da súa «importancia cultural na cidade», Xosé Rúas recordou que «atopámonos cunha sociedade senlleira, que move a cultura e numerosas presentacións e con 172 anos de antigüidade».

Unanimidade no apoio ó Liceo de Ourense
Claustro do Liceo de Ourense

Con unha media anual de 350 actos culturais e ofrecendo espazo ás asociacións que non dispoñen de lugares propios, o Liceo é un actor fundamental no Ourense de 2022. A votación da moción non deixou lugar á sorpresa e por unanimidade toda a corporación votou a favor de conceder a Medalla de Ouro da Cidade ó Liceo de Ourense.

Faite socio do Liceo de Ourense

Unha das formas que a sociedade ourensá ten de apoiar ó Liceo de Ourense e facéndose socios. Unha campaña de captación de socios está recibindo tamén o apoio dos políticos de Ourense que non dubidan en dar visibilidade á campaña. Este é o caso de Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense que chama á cidadanía a apoiar ó Liceo de Ourense. #eusonsociodoliceo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba