Noticias

Unha ponte en estado calamitoso

A candidatura do PSdeG-PSOE por Ourense denuncia o perigo que supón unha ponte en estado calamitoso en Xunqueira de Espadañedo.

Esta ponte presenta unha fochanca «de grandes dimensións» tres meses despois dun arranxo realizado pola Xunta de Galicia.

Unha ponte en estado calamitoso

A estrada OU-536 ó seu paso por Xunqueira de Espadañedo presenta unha alarmante situación de deterioro polo estado da ponte. Membros da candidatura do PSdeG-PSOE por Ourense para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro acudiron ó lugar para comprobar o «lamentable» estado desta infraestrutura.

«Ou se busca solución ou moito nos tememos que terán que pechar este tramo de estrada ao paso de vehículos e camións» indican desde a candidatura socialista. Carmen Rodríguez Dacosta, cabeza de lista, sinala que «esta ponte tentaron arranxala fai tres meses, pero vemos que o arranxo foi inútil, pois apareceu novamente o socavón e aínda máis pronunciado, o que afecta seriamente ao tráfico rodado, nunha estrada cun volume de circulación moi alto, pois une a cidade coa comarca de Trives-Caldelas e a estación de montaña de Manzaneda».

Unha ponte en estado calamitoso

Botón volver arriba