Noticias

Re-Habita Rural Lab avanza coa coordinación dos Concellos implicados

Celebrouse no Concello de Taboadela unha xuntanza clave para impulsar o proxecto «RE-HABITA RURAL LAB: Ecosistema de innovación para a rehabilitación e rexeneración do Patrimonio Rural destinado ao alugueiro social das mulleres».

O encontro contou coa participación de representantes da maioría dos nove Concellos involucrados: San Xoán de Río, Porqueira, Boborás, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadañedo, Oímbra, Esgos, Taboadela e Coles. Tamén asistiu a consultora Eva Castro, responsable do deseño do proxecto.

Re-Habita Rural Lab avanza coa coordinación dos Concellos implicados

Durante a reunión, destacouse a importancia de xestionar de xeito eficiente os fondos concedidos polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. Ademais, definíronse estratexias para unha distribución equilibrada das tarefas entre os diferentes Concellos.

A sesión desenvolveuse nun ambiente de cordialidade e compromiso, con especial énfase en garantir unha planificación eficaz para avanzar cara á materialización dos obxectivos do proxecto. Os representantes municipais destacaron o potencial transformador desta iniciativa para a recuperación do patrimonio rural e o acceso digno á vivenda.

Re-Habita Rural Lab avanza coa coordinación dos Concellos implicados

Trala xuntanza, os Concellos e a consultora traballaran conxuntamente na execución das seguintes fases do proxecto. Estas inclúen a xestión dos fondos, a contratación de persoal cualificado e a activación das accións programadas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.