Noticias

Unha veciña de Trives recibe os 6.000 euros do Salón do automóbil

Unha veciña de Trives recibe os 6.000 euros do sorteo realizado entre as persoas que mercaron un vehículo no Salón do automóbil.

O salón do automóbil permitiu durante dous fins de semanas que os asistentes tiveran ó seu alcance unha importante selección de vehículos novos e segunda man.

Unha veciña de Trives recibe os 6.000 euros do Salón do automóbil

Entre as persoas que adquiriron os 266 vehículos vendidos durante este evento, ACAUTO, sorteou un cheque de 6.000 euros. María Jesús Pájaro López, veciña de Trives foi a afortunada que recibiu este importante premio. Durante o Salón do Automóbil, María Jesús mercou un Mercedes Benz Clase GLA 200 D novo.

Unha veciña de Trives recibe os 6.000 euros do Salón do automóbil
Foto: Expourense

A entrega do premio a María Jesús realizárona o asesor comercial do concesionario Louzao Ourense, Rafael Estévez, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Botón volver arriba