Eventos

Ven a coñecer Barbadás con Loiro na Memoria

Ven a coñecer Barbadás da man da Asociación Loiro na Memoria que organiza para o mes de decembro tres andainas polos lugares máis singulares do concello.

Tres andainas circulares permitirán ós asistentes coñecer algúns dos lugares máis significativos do concello de Barbadás. As rutas están deseñadas para poder apreciar a riqueza natural e patrimonial que agochan as distintas localidades de Barbadás.

Ven a coñecer Barbadás con Loiro na Memoria

No products found.

A cita para realizar estas tres andainas serán os días 6, 8 e 10 de decembro. O Tangaraño, Santa Uxía ou Cova de Lobo son algúns dos lugares polos que pasarán os camiñantes.

  • Etapa 1 – 6 de decembro
    Saída da Valenzá (Praza da Igrexa), As Lamas, San Bieito de Cova de Lobo, O Tangaraño, Santa Uxía, Piñor, Parada, Finca Fierro e A Valenzá.
  • Etapa 2 – 8 de decembro
    Saída da Valenzá (Parque dos Patos), Fonsillón, Pontón, Barbadás e A Valenzá.
  • Etapa 3 – 10 de decembro
    Saída de Loiro (Museo Etnográfico), Castro de Trelle, San Roque do Monte, Sobrado do Bispo, Bentraces e Loiro.
Ven a coñecer Barbadás con Loiro na Memoria

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba