A Verbena do Rella celébrase de novo en Ramirás este sábado, 24 de xuño, grazas ó traballo realizado polo colectivo Rebulir.
Recuperar o «espírito das antigas verbenas» é o obxectivo desta iniciativa que rexurdía no ano 2022 como sucesora das «Noites de Fiadeiro».
A Verbena do Rella en Ramirás
Neste ano 2023, a Verbena do Rella contará cunha ampla programación pensada para todos os públicos e na que estarán presentes algúns dos mellores grupos de música folk e tradicional de Galicia.
Un obradoiro de Baila, xogos, encontro infantil e xuvenil e varias actuacións musicais forman parte da programación deste ano. Non faltarán tamén os produtos gastronómicos coa presenza de varios puntos de venda.
Programa da Verbena do Rella
- 16:30h – Obradoiro de baile tradicional con Alexandre Sotelino
- 18:30h – Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo
- 19h – Animación de rúa con Rebulir
- 20h – Festival de Escolas
- Lembranza – Solpor
- Brisas do Quenllo – Tordoia, A Coruña
- ABMT Rebulir – Ramirás
- 21h – Cea con venda de racións
- 21:30h – A Verbena do Rella
- Bouba Pandereteiras
- Os Melidaos
- Os da Pedra Alta
- TNT-Tanto nos Ten
- 01:30h – Foliada Aberta