Versificando a Ritm-OU é a proposta cultural que a actriz Lucía Álvarez e o guitarrista José Luis Troitiña presentan polo 8M.
Este recital creado por Lucía Álvarez e José Luis Troitiña terá dúas funcións coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller.
Versificando a Ritm-Ou polo 8M
Versos de poetas galegas con presenza maioritaria de mulleres ourensás dan forma a un recital que se poderá ver nos concellos de Taboadela e Barbadás. As letras das poetas Rochi Nóvoa, Chus Pato, Yolanda López, Luísa Castro, Ana Romaní ou Rosalía de Castro soarán a través da voz de Lucía Álvarez e o acompañamento musical de José Luis Troitiña.
A cita no concello de Barbadás será o venres, 8 de marzo, na Sala Manuel María da Valenzá a partir das 20h. No concello de Taboadela, Versificando a Ritm-OU será o sábado, 9 de marzo, no local social de Pereiras.