Víctor Ferreiro, cabeza de lista de Podemos pola provincia de Ourense, esixe o arranxo da OU-536 ó seu paso por Xunqueira de Espadañedo.
O candidato de Podemos ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro de 2024 súmase ás queixas da veciñanza para solucionar esta problemática.
Víctor Ferreiro esixe o arranxo da OU-536
«A estrada é un acceso importante a núcleos de poboación no interior da provincia e ten un fluxo de tráfico significativo» indica Ferreiro. O problema xurdiu nunha ponte que foi reparada e revisada por técnicos da Xunta de Galicia que indicaron que non existía ningún dano estrutural.
Tras realizar a reparación, non pasou nin un mes ata que se fundiu de novo o firme á altura desta ponte. «Os veciños e veciñas teñen dereito a una infraestrutura segura, e precisan que remate o desmantelamento da comunicación co rural; a vertebración do noso territorio e vital para garantir a igualdade e seguridade de todos«.