Víctor Ferreiro, cabeza de lista de Podemos pola provincia de Ourense, reúnese coa Mesa Procapd para coñecer de primeira man a súa realidade.
Esta plataforma loita desde fai anos para que a Xunta de Galicia constrúa en Ourense un centro público para persoas con discapacidade maiores de 21 anos.
Víctor Ferreiro reúnese coa Mesa Procapd
«Son pais e nais que levan loitando 8 anos sen desmaio pola construción dun centro asistencial para persoas en situación de discapacidade maiores de 21 anos» indica o candidato de Podemos. Nestes intres «Ourense é a única provincia galega que non conta cun centro público destas características, polo que teñen que optar por levar aos seus fillos e fillas á Coruña ou Sarria ou optar por un centro privado» recorda Ferreiro.
Segundo lle indicaron os membros da Mesa Procapd, «nestes catro anos de lexislatura, non obtiveron ningunha reunión coa Conselleira, só obtiveron desleixos. Malia tódolos atrancos, seguiron loitando e mobilizándose nas rúas por darlle unha atención digna aos seus fillos e fillas».