A Vida e Obra de Florencio Delgado Gurriarán está recollida nun vídeo que o alumnado do colexio San Pío X de Ourense realizou por ese motivo.
A figura do escritor Florencio Delgado Gurriarán foi elixida para ser o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. O escritor de Valdeorras merece un importante recoñecemento á súa produción literaria.
Vida e Obra de Florencio Delgado Gurriarán
Nado en 1903 na aldea de Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, finou en Estados Unidos en 1987. Fuxiu de Valdeorras durante a guerra civil para escapar da represión pola súa pertenza ó Partido Galeguista. Autor de obras como «Bebedeira«, «Poesía inglesa e francesa vertida ao galego» e «Galicia infinda«, Delgado Gurriarán é o 61º homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Letras Galegas 2022
No vídeo realizado polo alumnado de 5º de primaria do Colexio San Pío X de Ourense poderemos realizar unha viaxe pola súa vida e obra. Coa colaboración do Seminario Galán, o profesor David Rial coordina este traballo de difusión da Cultura Galega.
4 comentarios