O concello de Vilar de Barrio celebra as Letras Galegas 2022 cun programa de actividades que terán lugar o luns, 16 de maio.
Dentro das programacións que os concellos organizan nestas datas de exaltación das Letras Galegas, Vilar de Barrio propón actividades para todas as idades.
Vilar de Barrio celebra as Letras Galegas
Desde un mercado literario, un contacontos ou unha charla cos escritores Xabier Domínguez e Alba de Evan, a literatura en galego ten unha cita en Vilar de Barrio.
Programación en Vilar de Barrio
- 17h. – Mercadiño literario: Troco de libros e agasallos. Trae un conto, novela… e leva outro de balde.
- 18h. – Charla de Autor: Xabier Domínguez e Alba de Evan presentarán as súas publicacións e a editorial Antela.
- 19h. – Conta Luuume! de Andrea Freire. Contacontos e obradoiro creativo para os máis cativos.
As actividades terán lugar no Xardín de Vilar de Barrio.