Conoce Ourense

Antela Editorial, unha xanela aberta á literatura

A Limia ten desde fai uns meses con Antela Editorial, unha xanela aberta á literatura. Unha iniciativa nova e comprometida que loita por acadar un espazo de divulgación e concienciación.

Antela Editorial xurde no ano 2020, ano da pandemia, con paso firme cara uns obxectivos de compromiso co medio ambiente, coa nosa lingua e coa difusión literaria.

Neste artigo poderemos descubrir as liñas mestras desta iniciativa editorial que ten ó temón a dous prolíficos escritores, Alba de Eván e Xabier Domínguez. Tras unha importante traxectoria literaria onde destaca a súa colección de «Naturizo«, lánzanse a esta aventura empresarial.

Xabier Domínguez e Alba de Eván

Antela Editorial

Antela Editorial nace coas cartas marcadas. Non hai curvas neste proxecto que se basea principalmente na concienciación medioambiental e o uso da nosa lingua. Fomentar mediante a lectura de contos en galego un espírito crítico para coñecer, valorar e afrontar as distintas realidades sociais do noso tempo

Unha iniciativa nova que se afasta do funcionamento clásico do mundo editorial. Pensada para respectar ós autores cun trato xusto e que ó mesmo tempo mira de esguello iniciativas solidarias ás que destina parte do recadado.

Literatura medioambiental

O respecto polo medio ambiente é un tema capital en Antela Editorial. O uso de materiais que proceden de fontes responsables non evita que os acabados dos libros sexa de primeira calidade. Si pides un libro mediante a páxina web, recibirás unha caixa de cartón reciclado onde atoparás varios agasallos que acompañarán ó libro que mercaches.

Na temática dos relatos, o impacto medioambiental está sempre presente. O coidado da natureza, o respecto polos animais e as diferentes posibilidades nas que cada un pode contribuír serán temas recorrentes.

O pracer de ler un libro

Nun mundo cada vez máis dixital, o pracer de ler un libro é un activo que temos que mostrar ós pequenos. Mediante o exemplo, ensinándolles que poder ter un libro nas mans, poder pasar unha folla e notar o tacto e o olor do papel son un valor engadido.

Antela Editorial, unha xanela aberta á literatura
Antela Editorial, unha xanela aberta á literatura

Nun mundo cada vez máis dixital, ter un libro cunhas ilustracións fermosas, que vaia narrando a historia ó mesmo tempo que o texto. Uns deseños que contribúan a entender conto desde a lectura visual.

Nun mundo cada vez máis dixital, un acabado de calidade aporta ó noso libro un valor en si mesmo. Unha obra de arte de contido literario.

Libros de Antela Editorial

Esta editorial, a pesar de levar en funcionamento poucos meses, conta no mercado con tres libros.

Sueños de Cajarmarca

Este libro está formado por quince relatos dedicados a un público infantil e xuvenil. Escrito en castelán, é un libro que xurde coa intención de apoiar a nenos e nenas de rexións afastadas nos Andes (Perú).

Autores: Ana Alcolea, An Alfaya, Miguel Ángel Alonso, Rebeca Álvarez, Ramón Caride, Antonio García Teijeiro, Joan Manuel Gisbert, Alfredo Gómez Cerdá, Raquel López Cascales, Pilar Mateos, Francisco Narla, Mila Oya, Jordi Sierra i Fabra, Marinella Terzi y Esther Vázquez.

Soños de Cajamarca

Soños de Cajamarca

Escrito en galego, reúne 15 contos que nacen cun fin solidario para apoiar a labor que a «asociación Aulas Abiertas» realiza en Cajamarca (Perú).

Autores: An Alfaya, Miguel Ángel Alonso, Rebeca Álvarez, Concha Blanco, María Canosa, Paula Carballeira, Ramón Caride, Xavier Estévez, Antonio M. Fraga, Antonio García Teijeiro, Carlos Labraña, Iria Misa, Pere Tobaruela e Antía Yáñez.

Fronteiras de Papel

Antela Editorial, unha xanela aberta á literatura
Antela Editorial, unha xanela aberta á literatura

A historia de Fátimah está chea de obstáculos. É unha historia de emigración, persoas que abandonan a súa terra na procura dun lugar mellor. Unha viaxe na que os obstáculos son en ocasións de papel. Burocracia que obstaculiza unha viaxe xa de por si complexa.

Autores: Alba de Eván e Xabier Domínguez.

Editorial solidaria

O importe que o cliente paga por cada libro leva parello un fin solidario. Unha porcentaxe de cada libro vai destinada a unha asociación sen ánimo de lucro. Para poder realizar esta doazón, Antela Editorial realiza un intenso traballo para axustar custes e poder contribuír a un fin solidario sen perder o equilibrio financeiro.

Sueños de Cajarmarca – Doazón de 2,5€ a asociación sen ánimo de lucro de Vigo «Aulas Abiertas» en Cajamarca (Perú).

Soños de Cajamarca – Doazón de 2,5€ á asociación «Aulas Abiertas» para o seu proxecto en Cajamarca (Perú).

Fronteiras de Papel – Doazón de 1€ á asociación sen ánimo de lucro Provivienda en Galicia.

Proxectos de futuro

O futuro é difícil de predicir pero no máis inmediato, Antela Editorial está a preparar unha xoia que sairá ó mercado nun par de meses. Uns contos realizados en colaboración coa Asociación Ridimoas para a defensa e protección da fauna e a flora autóctonas de Galicia.

A súa labor tamén é manter aberta a porta a novos autores. Creadores literarios que atopen en Antela Editorial a súa casa. Un lugar onde compartir as súas obras literarias no marco dunha editorial comprometida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba