Rafael Rodríguez Villarino inicia unha rolda de visitas ós polígonos situados no cinto industrial de Ourense para coñecer a situación do sector.
O candidato á alcaldía de San Cibrao das Viñas e secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE iniciou no Parque Tecnolóxico de Galicia a súa rolda de visitas ós polígonos comerciais, tecnolóxicos e empresariais da contorna da cidade de Ourense.
Villarino inicia visitas ós polígonos de Ourense
As 700 empresas que forman parte deste cinto industrial contan cunhas 13.000 persoas son «puntos nucleares e estruturantes» para a economía da provincia segundo Villarino.
Nesta primeira visita, Villarino estivo acompañado polo secretario provincial de Industria e Desenvolvemento, Darío Barrios, e polo secretario provincial de Relacións Internacionais, David Alvarado.

«Os e as socialistas queremos que a nosa provincia e o conxunto de Galicia estean aliñados cos obxectivos globais de desenvolvemento sostible para a modernización da economía, a recuperación do crecemento económico e a creación de emprego de calidade».