Noticias

Expourense acolle máis de 4.000 deportistas nos Xogos Sportur Galicia

Expourense converteuse durante tres días nunha gran cancha polideportiva, onde unha vintena de asociacións organizaron clases abertas, exhibicións e Copas Deputación.

Durante a celebración de Sportur Galicia, pasaron por Expourense máis de 4.000 deportistas de todas as idades e condicións, con e sen diversidade funcional.

Expourense acolle máis de 4.000 deportistas nos Xogos Sportur Galicia

A excelente resposta do público e das federacións deportivas leva xa a pensar na segunda edición destes Xogos Deportivos en maio de 2026.

Os Xogos Sportur Galicia, organizados por Expourense co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e da Deputación Provincial, confirmaron a vocación polideportiva do recinto.

Ademais da pista de atletismo cuberta instalada entre decembro e marzo, Expourense consolídase como un dos grandes espazos deportivos de Galicia para acoller eventos autonómicos e nacionais. Grazas ao seu pavillón central de 8.000 metros cadrados sen columnas, é capaz de adaptarse para practicar unha vintena de deportes.

Durante esta primeira edición practicáronse: atletismo, bádminton, balonmán, ciclismo, esgrima clásica, fitness, fútbol, hockey, karate, pickleball, piragüismo, remo indoor, roller cross, taekwondo, tai-chi, tenis, voleibol, wushu, xadrez e ximnasia. As dúas primeiras xornadas destacaron pola participación activa do alumnado de Primaria e Secundaria de distintos centros da provincia de Ourense.

O sábado foi o día das competicións provinciais, con podios e medallas en balonmán, roller cross, xadrez ou wushu, entre outros. Ademais, ese día disputáronse as Copas Deputación de Ourense de balonmán, pickleball, remo indoor, pequevolei e roller cross.

Expourense acolle máis de 4.000 deportistas nos Xogos Sportur Galicia
Foto: Expourense

A actividade de Expourense continuará intensa ata final de mes, coa presentación da súa Memoria de Actividades 2024 o mércores 28 ás 10.00 h, e a celebración do XVIII Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética o xoves 29. Xa en xuño, os días 2 e 3, o calendario feiral do primeiro semestre pecharase coa undécima edición de Ourense Vinis Terrae, Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.