Noticias

Xornada de música tradicional e popular en Vilariño de Conso

Este domingo, 14 de maio, tivo lugar unha xornada de música tradicional e popular en Vilariño de Conso no que participaron dez agrupacións musicais.

O concello de Vilariño de Conso e a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia son os responsables de organizar por segunda ocasión este evento.

Xornada de música tradicional e popular en Vilariño de Conso

A xornada comezou coa instalación dun mercado no que o público asistente puido adquirir productos locais entre os que destacaban os artesanais e gastronómicos. A apertura do mercado estivo acompañada pola actuación da charanga Escachapeitos que amenizou a sesión vermú.

Todos os participantes na xornada compartiron un xantar no Pavillón deportivo onde colleron folgos para o festival que tivo lugar pola tarde.

Ás 17h, hora de inicio do Festival, a Banda de Gaitas de Vilariño de Conso facía a súa entrada na Praza onde un numeroso público agardaba as interpretacións musicais que estaban por vir. O festival contou ademais coa participación do grupo de pandereteiras de Vilariño de Conso que facían a súa primeira actuación, as Macizas Centrais de Trives e ata seis grupos da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia. O grupo de guitarras «Cordas Bravas«, grupo infantil de música tradicional «Cantagalos«, Grupo de gaitas e acordeóns «O Son do Vento«, «Zoadeira» cantareiras, «Cuncas do Son» Cantos de Taberna e a Banda de Música e Cultura de Galicia fixeron un repaso polo repertorio tradicional e popular durante as dúas horas que durou o festival.

Xornada de música tradicional e popular en Vilariño de Conso
Foto: Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia

Tanto o concello de Vilariño de Conso como a Asociación Música e Cultura de Galicia mostraron a súa vontade de organizar en 2024 unha terceira edición deste festival.

Botón volver arriba