A música tradicional e moderna volve ser protagonista en Mariñamansa coa celebración da Xornada de portas abertas organizada pola Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia.
O evento, que terá lugar os días 13 e 14 de xuño de 2025 nas instalacións do Colexio San Pío X, ofrece a persoas de todas as idades a posibilidade de probar gratuitamente instrumentos e formar parte de distintos grupos musicais.
A música abre as súas portas en Mariñamansa
A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia organiza dúas xornadas para probar instrumentos e unirse a grupos musicais.
Esta iniciativa está pensada tanto para persoas sen experiencia como para aquelas con coñecementos previos, cunha ampla variedade de especialidades como frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, acordeón, trombón, tuba, bombardino, pandeireta, gaita, guitarra ou percusión.
A programación inclúe probas prácticas e sesións informativas sobre os grupos da asociación, entre eles:
- O son do vento, con instrumentos tradicionais (gaitas, acordeóns, percusión…),
- Bandas de música (desde iniciación ata adultos),
- Batucada,
- Grupo de guitarras Cordas Bravas,
- Cantagalos (grupo infantil de música tradicional),
- Zoadeira (grupo de cantareiras),
- e Cuncas do Son (cantos de taberna).
Tamén haberá actividades específicas para público infantil como Música e movemento (3 a 5 anos) e Iniciación á música tradicional (4 e 5 anos).

Horarios por días
Venres 13 de xuño:
- Desde as 17:30h ata as 21:30h realizaranse probas con grupos e especialidades, con actividades como pandeireta infantil, guitarra, gaita, percusión e actuacións da batucada, a banda de iniciación ou o grupo Zoadeira.
Sábado 14 de xuño:
- As sesións comezan ás 10h e inclúen probas de percusión, gaita, guitarra ou vento metal, así como presentacións dos grupos de gaitas, acordeóns e cantagalos.

A participación é gratuíta, pero é preciso realizar unha preinscrición previa.