O escritor Xosé-Henrique Costas presenta o seu novo libro na tenda OZOCOgz do Carballiño este venres, 14 de febreiro.
«Entre a vontade e o destino» é a segunda entrega da triloxía Banu Marwán que vai acompañada das ilustracións de Héitor e Martinho Picallo Fontes.
Xosé-Henrique Costas presenta libro na tenda OZOCOgz
Neste traballo, o autor trasládanos a unha «sociedade conflitiva e asemade conciliadora, onde a xente do pobo só busca sobrevivir».
Na presentación deste libro, o autor estará acompañado polo escritor, tradutor e profesor de Ensino Secundario, Moncho Iglesias Míguez.
