Noticias

Xosé Maceda impartiu un obradoiro de construción de pandeiro cadrado

O artesán Xosé Maceda impartiu un obradoiro de construción de pandeiro cadrado a un grupo de socios e socias da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia.

Dentro da actividade que esta Asociación realiza no eido da música tradicional, este obradoiro permitiu ós case 40 participantes coñecer polo miúdo a técnica e procesos necesarios para elaborar un pandeiro cadrado.

Xosé Maceda durante unha explicación ó alumnado
Foto: A. C. Música e Cultura de Galicia

Xosé Maceda impartiu un obradoiro de construción de pandeiro cadrado

As instalacións do Colexio San Pío X foron o lugar onde se realizou este obradoiro que tivo unha gran aceptación no seo da entidade cultural que o organizaba.

Foto: A. C. Música e Cultura de Galicia

Unha vez rematado o obradoiro, os asistentes puideron levar para as súas casas os instrumentos que eles mesmos realizaron. Os participantes, nenos e adultos, teñen desde agora un novo instrumento tradicional cun significado especial para todos eles ó ser elaborado coas súas propias mans.

Botón volver arriba