Este sábado celebrarase unha Cea á Galega na localidade de Sobradelo para apoiar ás Tanxugueiras no seu camiño para participar no festival de Eurovisión.
Que mellor escusa para xuntarse que apoiar algo noso, da terra. As Tanxugueiras compiten este sábado por participar en Eurovisión 2022 e en Xunqueira de Ambía mobilízanse para mostrarlle o seu apoio.
Cea á Galega en Sobradelo
A Asociación O Sobradelo do Tangaraño organiza unha cea á galega para o sábado, 29 de xaneiro. Esta cea estará precedida por unha merenda con chocolatada para ir preparando o corpo de cara á cea.
A Cea á Galega contará cun menú «galego» que consistirá nun bo cocido, bebidas e doces que estará perfectamente regado cun licor para facer máis doada a dixestión. Os organizadores ofrecen tamén un menú vegano para quen o solicite.
Por si a chocolatada e a cea non era suficiente, a festa gastronómica rematará cunha queimada. Posiblemente nese intre, os asistentes que o desexen poderán botar man dos instrumentos para armar unha boa foliada. O auturuxo que saia de Xunqueira de Ámbia será unha mostra máis do apoio que as Tanxugueiras levan recibido nas últimas semanas.
Os organizadores estableceron un prezo por comensal de 15€. Si a inscrición a realizan dúas persoas de maneira conxunta, o prezo será de 25€.