Un músico de Barbadás gaña un concurso de música celebrado en Ponferrada grazas á súa destreza tocando o acordeón.
Izan Justo é un rapaz de Barbadás que ven de acadar un importante premio no V Concurso de interpretación Aris del Puerto de Ponferrada.
Un músico de Barbadás gaña un concurso de música en Ponferrada
Este concurso conta coa participación de músicos chegados de distintos puntos da xeografía nacional. Na categoría A (menores de 11 anos), Izan Justo foi merecedor da mellor puntuación. A pesares de contar só con 9 anos de idade, este músico demostra ter un talento especial cando sube ó escenario.
Na actualidade, Izan recibe clases de Celia Adrián no Conservatorio de Ourense e de Iván Carballo na Escola de Música da Asociación Música e Cultura de Galicia. Recentemente, Izan Justo gañou o premio «Mestre Vide» no concurso de música do mesmo nome que tivo lugar no conservatorio ourensán.