O PSOE de Ourense insiste na creación dunha unidade de Ictus no Complexo Hospitalario de Ourense para garantir unha correcta atención dos pacientes.
“Pontevedra conta cunha, A Coruña con dúas e en Lugo teñen un servizo de atención permanente, cun neurólogo especializado as 24 horas ao día”, indican os responsables socialistas.
O PSOE de Ourense insiste na creación dunha unidade de ictus
Dende o PSdeG-PSOE de Ourense solicitan a creación dunha unidade de ictus no CHUO. Nunha provincia que conta cunha poboación envellecida, unha rápida e correcta atención ante a sospeita de ictus pode ser crucial.
«A diferencia entre contar ou non con esta unidade especializada pode ser vivir ou morrer». Rafael Rodríguez Villarino, responsable provincial resalta que «pedimos para a nosa provincia que por fin contemos con esta unidade de ictus». Esta petición responde a unha realidade na que «as consecuencias sociais e de saúde así o recomendan».
Ademais da creación deste servizo, os responsables do PSOE en Ourense tamén solicitan que se garanta un rápido traslado de calquera paciente ante a menor sospeita de ictus. Recibir a atención adecuada «en menos de unha hora desde calquera punto da provincia».