A Xunta incorpora este ano a vacina antigripal de alta carga desde os 65 anos dentro da campaña de vacinación fronte á gripe e á covid, que se prolongará ata o 31 de decembro.
Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai 121.489 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana fronte á gripe e arredor de 76.800 maiores de 70 anos para a vacinación contra a covid.
A Xunta reforza a vacinación da gripe nos maiores de Ourense
A campaña comezou o 28 de setembro nas residencias e centros de discapacidade. O 13 de outubro iniciarase a vacinación infantil nos centros de saúde e en 13 colexios da provincia. O 19 de outubro incorporarase a poboación de 70 ou máis anos e os profesionais sanitarios, e o 2 de novembro as embarazadas.

A Xunta prevé administrar unhas 98.471 doses nos 180 puntos habilitados na provincia. O obxectivo é alcanzar unha cobertura do 75 % entre as persoas de 60 ou máis anos e do 60 % en nenos, embarazadas e profesionais sanitarios.

