A cantante María do Ceo presenta o seu novo disco «Galicia Nai» no Liceo de Ourense este mércores, 12 de xaneiro, ás 19:30h.
Durante o acto de presentación do disco «Galicia Nai», María do Ceo interpretará varios dos temas incluídos neste traballo. Como é habitual, estará acompañada polos músicos Xosé e Alex Salgado.
María do Ceo presenta o seu novo disco no Liceo
O acto contará tamén coa presenza de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Xosé González Martínez, presidente do foro Enrique Pensador, e Armando González López, médico, escritor e poeta.
Unha das cancións incluídas en «Galicia Nai» e A Fala. Esta canción conta cun videoclip que será presentado durante o acto. A continuación podemos ver un adianto do mesmo.