Podería dicirse que o PSdeG-PSOE afronta as próximas eleccións municipais coa vista posta na Deputación Provincial de Ourense.
Na última Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE que se celebrou no concello de Ramirás, quedou nomeado o comité electoral provincial e estableceuse o calendario con vistas ás próximas eleccións do mes de maio.
Coa vista posta na Deputación Provincial
«Proseguimos co noso percorrido pola provincia para que todos os nosos integrantes e as nosas integrantes da comisión coñezan a realidade de cada concello e tamén con vistas as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio», indican dende a executiva provincial.
Son esas eleccións municipais as que centran a mirada dos responsables do partido na provincia coa intención de mellorar resultados. Para este fin, o PSdeG-PSOE «presentará os mellores candidatos e candidatas en toda a provincia para acadar uns moi bos resultados a nivel provincial».
Esa mellora nos resultados a nivel provincial permitiría «aumentar o número de deputados e deputadas provinciais, para que desta vez sexa realidade o cambio na provincia», indica Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial.