Noticias

A reconstrución cultural de Ourense na charla de Antonino Nieto

A reconstrución cultural de Ourense foi o elemento principal na charla na que participou Antonino Nieto Rodríguez, creador e poeta verinés, na Sala Valente.

O acto, organizado pola executiva provincial do PSdeG-PSOE, tiña como obxectivo mostrar as pautas a seguir para a recuperación cultural de Ourense.

A reconstrución cultural de Ourense na charla de Antonino Nieto

Antonino Nieto estivo acompañado por Rosa Martínez, concelleira en Ourense, Juan Carlos Francisco Rivera, ex senador e ex deputado autonómico, e Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial. As necesidades culturais tanto da cidade de Ourense como da provincia foron analizadas por Antonino Nieto ante máis de medio centenar de asistentes.

A reconstrución cultural de Ourense na charla de Antonino Nieto

Dende a organización do evento destacan que esta reconstrución é «un proceso complexo que require dun esforzo conxunto da sociedade civil, institucións e axentes culturais». No relativo á cidade de Ourense indican que «debe reflectir a súa rica historia e patrimonio, e esta oferta cultural tamén debe ser relevante e atractiva para os residentes e visitantes da cidade».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.