Isabel Gil Álvarez, actual alcaldesa, optará a revalidar a alcaldía de Ramirás nas eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio.
O reto que asume a actual alcaldesa é o de acadar unha «maioría absoluta» que lle permita realizar os proxectos que necesita o concello.
Isabel Gil optará a revalidar a alcaldía de Ramirás
Entre os proxectos que se están a realizar, Isabel Gil destaca as tres vivendas sociais e a instalación de alumeado LED. Destaca tamén a construción dun centro de día que considera «importantísimo nun municipio rural, para que os nosos e as nosas maiores teñan unha calidade de vida como merecen e as familias poidan ter un respiro nos coidados e compatibilizar a vida familiar e laboral».
Para o seguinte mandato, Isabel Gil indica que «apostaremos tamén por seguir promocionando o turismo, mellorando a contorna paisaxística, coidando o medio ambiente, potenciando as rutas de sendeirismo, arranxando e pondo en valor os accesos aos diferentes núcleos de poboación, ofrecendo máis servizos como a fibra óptica, a gardería gratuíta, a posta en marcha de actividades extraescolares e de lecer nas instalacións do colexio e fixar poboación».