O V Car Outlet abre as súas portas no recinto de Expourense para mostrar unha gran selección de vehículos de ocasión e seminovos con importantes descontos.
Visitar o V Car Outlet Ourense, evento coorganizado por Expourense e ACAUTO, pode supor saír do recinto cun vehículo mercado.
O V Car Outlet abre as súas portas
A ampla selección de vehículos pertencentes a 24 marcas estarán expostos ata mañá domingo, 16 de abril. Modelos de todos os estilos están listos para ser mostrados ás persoas que se acheguen ó evento. Existe unha gran variedade de prezos nos vehículos expostos entre os que podemos atopar modelos por 7.000 euros ou un Porsche Panamera 4 E-Hybrid Sport cun prezo de 137.500 euros.