Óscar Seguín Lamelas será o candidato do Partido Popular en Vilar de Barrio nas eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio.
No acto de presentación da candidatura confirmouse a presenza de Montse Lama como número 2 da lista electoral. A actual concelleira en Xinzo de Limia e deputada provincial regresa ó Partido Popular tras o seu paso por Ciudadanos.
Óscar Seguín será o candidato Popular en Vilar de Barrio
Manuel Baltar, presidente provincial do PP, indicou que «a de Vilar de Barrio é unha candidatura gañadora, con xestión e proxectos de futuro para un concello que pode ser referente da provincia».
Pola súa parte, o candidato á alcaldía destacou que «esta é unha candidatura gañadora, que sen dúbida vai a aportar xestión e futuro a un concello que pode converterse nun referente non so da comarca da Limia senón da provincia de Ourense«.