Noticias

Mariola Iglesias repite como candidata en Vilamarín

María de los Ángeles (Mariola) Iglesias Rodríguez repite como candidata á alcaldía do concello de Vilamarín nas eleccións municipais do 28 de maio.

Tras mellorar os resultados do seu partido nas eleccións de 2019, Mariola Iglesias repita como candidata do PSdeG-PSOE.

Mariola Iglesias repite como candidata en Vilamarín

A súa candidatura está baseada «no compromiso, na responsabilidade e no traballo en equipo, onde todos e todas sumamos e ninguén está de máis». Ante a cita electoral, Mariola Iglesias considérase «unha veciña máis, que quere loitar polos dereitos como cidadáns do noso concello, tal e como fixemos ao longo dos últimos catro anos, día a día, e porta a porta».

Mariola Iglesias repite como candidata en Vilamarín

«Volvo presentarme coa ilusión e a forza de seguir loitando a favor do cambio, da igualdade, contra as inxustizas, e sempre mirando cara un futuro de progreso, que deixe atrás a penuria destes anos, nos que estivemos totalmente abandonados a cargo dun concello que apenas escoitaba», destaca a candidata.

Botón volver arriba