Eventos

Celanova recorda a traxectoria política de Xosé Velo

Celanova recorda a traxectoria política de Xosé Velo cunha conferencia que terá lugar o próximo luns, 31 de xullo no Local Sociocomunitario do Mosteiro.

Os profesores Xosé Estévez e Uxío-Breogán Diéguez serán os encargados de impartir a conferencia «Xosé Velo político» na que falarán do nacionalismo galego no exilio.

Celanova recorda a traxectoria política de Xosé Velo

O acto está organizado polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova para por en valor a faceta política de Xosé Velo. Este activista nacionalista e intelectual foi un dos protagonistas da historia local de Celanova no século XX.

Celanova recorda a traxectoria política de Xosé Velo

Conferencia de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel sobre Pepe Velo, das Mocidades ao DRIL.

Doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona, Uxío-Breogán Diéguez é director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC. Director de Murguía, Revista Galega de Historia, tamén é autor de ensaios como «As Irmandades da Fala (1916-1931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX». A conferencia que impartirá percorrerá a traxectoria política de Pepe Velo desde as mocidades galeguistas ata o DRIL.

Presentación do libro «Galeuzca. La periferia contra el páramo» por parte do autor, Xosé Estévez.

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense, Xosé Estévez Rodríguez é doutor en historia pola Universidade de Deusto. No acto do 31 de xullo presentará o libro «Galeuzca. La perifeira contra el páramo» (2022).

Celanova recorda a traxectoria política de Xosé Velo

Botón volver arriba