O Salón do Automóbil chega a Expourense na súa 14ª edición con catro días dedicados ó vehículos novos que terán continuidade a semana que ven coas xornadas dedicadas ós vehículos de ocasión.
Expourense e ACAUTO organizan este evento no que o sector da automoción achega primeiro ós visitantes as últimas novidades do mercado en vehículos novos.
O Salón do Automóbil chega a Expourense
Diversas autoridades entre as que estaban Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética, Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta de Galicia, e Marisol Novoa, Presidenta da CEO, estiveron presentes na xornada inaugural deste Salón do automóbil.
Desde ACAUTO inciden en que «Para os concesionarios de Ourense, este salón é a cita máis importante do ano e todos fixemos un gran esforzo para poder celebralo. É unha cita clave na venda de vehículos anual en Ourense, reactiva o mercado e contribúe a rexuvenecer o parque móbil da provincia que ronda agora os 17 anos de media de antigüidade».
Vehículos presentes no Salón do Automóbil
Entre este cita e a que se celebrará entre o 23 e o 26 de novembro, Expourense acollerá uns 700 vehículos. Os expositores contarán con vehículos de distintas gamas e prezos entre os que non faltarán os microhíbridos, híbridos, híbridos enchufables e eléctricos 100%.
As 15 empresas presentes no Salón do Automóbil 2023 suman a representación das seguintes 24 marcas:
- ABARTH,
- AUDI,
- BMW,
- CITROËN,
- CUPRA,
- DACIA,
- FIAT,
- FORD,
- HYUNDAI,
- JEEP,
- KIA,
- MAZDA,
- MERCEDES BENZ,
- MG,
- NISSAN,
- OPEL,
- PEUGEOT,
- PORSCHE,
- RENAULT,
- SEAT,
- SKODA,
- TOYOTA,
- VOLKSWAGEN e
- VOLVO.
Algúns dos novos modelos que estarán presentes neste evento son o BMW X-2, o Audi Q8 E-tron ou o Cupra Formentor 1.4 Hybrid 245CV.
Horario do Salón do Automóbil – Vehículo Novo
- Venres – 11 a 20:30h
- Sábado – 10 a 20:30h
- Domingo – 11 a 20h
O prezo da entrada será de 3€ por cada salón, sendo a entrada gratuíta para menos de 12 anos. Haberá un servizo de ludoteca gratuíto no seguinte horario: Venres de 17 a 20:30h, sábado de 12 a 14h e 17 a 20:30h, e domingo de 12 a 14h e de 16:30 a 20h.