Noticias

Besteiro promete rematar o centro de atención para adultos con discapacidade

José Ramón Gómez Besteiro promete rematar o centro de atención para adultos con discapacidade que contaría con unha xestión pública directa.

Esta afirmación do candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia realizouna tras reunirse con membros da plataforma ProCAPD.

Besteiro promete rematar o centro de atención para adultos con discapacidade

Esta plataforma leva sete anos loitando para que o proxecto do centro de atención para adultos con discapacidade sexa unha realidade. Na actualidade, Ourense é a única provincia de Galicia que non conta cun centro destas características.

Besteiro promete rematar o centro de atención para adultos con discapacidade
Foto: PSdeG-PSOE

Desde o PSdeG-PSOE indican que «é unha cuestión de dereitos das familias e dos nenos e adultos, xa que en todas as provincias existe un centro destas características, público, con prazas públicas e de xestión pública e directa da Xunta de Galicia, no que os traballadores forman parte da administración galega».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.