Eventos

Acto de homenaxe a Manuel Suárez

O venres, 2 de agosto, terá lugar un acto de homenaxe a Manuel Suárez, primeiro alcalde socialista do concello de Ourense.

Na madrugada do 27 de xullo de 1937, Manuel Suárez foi asasinado polo bando franquista por ser republicano, socialista, uxetista e masón.

Acto de homenaxe a Manuel Suárez

O acto de lembranza de Manuel Suárez Castro será ó pé da igrexa de Santa María Nai, xunto ó edificio do concello. Neste acto tamén se recordará a figura de Antonio Taboada Novoa, secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense que tamén foi asasinado nesa fatídica xornada.

Acto de homenaxe a Manuel Suárez

Xosé Lois Carrión, secretario de Memoria e Dereitos Humanos da CEM PsdeG-PSOE de Ourense presentará o acto no que tamén intervirán:

  • Alba Iglesias, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense
  • Cristobal Medeiros, secretario comarcal UGT de Ourense
  • Natalia González, secretaria xeral da CEM PSdeG-PSOE de Ourense
  • representación de familiares de Manuel Suárez Castro.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.