O cemiterio de Celanova contará cun memorial ás vítimas da guerra civil e da posterior represión franquista enterradas neste lugar.
Os estudos realizados sinalan que 90 persoas foron soterradas no cemiterio de San Breixo de Celanova entre os anos 1936 e 1943.
Celanova contará cun memorial ás vítimas da guerra civil
O comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova recibiu a autorización da Xunta de Galicia e do Bispado de Ourense para poder realizar este memorial.
Baseado nos estudos realizados por Domingo Rodríguez Teijeiro da Universidade de Vigo, o Comité de Memoria Histórica confeccionou un listado de 90 nomes que foron represariadas e asasinadas en Celanova.
Nese listado que se publicará proximamente figuran en primeiro lugar dous irmáns do concello de Verín. Emilio e Manuel Fuentes Canal foron asasinados entre o domingo, 16 e o luns 17 de agosto de 1936. A última persoa que figura nese listado é Juan Masa Chamorro. Este home que era orixinario de Miajadas, na provincia de Cáceres, finou na Prisión Central de Celanova o 27 de agosto de 1943.
O artista de Celanova, Baldomero Moreiras, é o autor do memorial. Dúas columnas de ferro situadas sobre unha lousa de granito sosteñen dúas pombas. Na lousa figuran escritos os 90 nomes dos asasinados.