Eventos

Laura Portas presenta a súa primeira novela no Espazo Nobel

A escritora Laura Portas presenta a súa primeira novela este sábado, 19 de outubro, no Espazo Lector Nobel de Ourense.

Desde a súa publicación no mes de maio do 2024, «El baile de las mareas« tivo unha gran acollida por parte dos lectores.

Laura Portas presenta a súa primeira novela no Espazo Nobel

Nada en Cambados no ano 1992, Laura Portas é xornalista e escritora. Estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e posteriormente completou un máster en Xornalismo de Televisión pola Universidade Nebrija, así como outro en Comunicación Corporativa pola Escola de Negocios Europea de Barcelona. Ao longo da súa carreira profesional, traballou en medios de comunicación como Telecinco e Antena 3, e na actualidade traballa nun gabinete de comunicación institucional.

No ano 2024 publicou a súa primeira novela, El baile de las mareas, unha obra ambientada na súa localidade natal de Cambados, que na novela toma o nome de Vila de Pazos. A historia transcorre a comezos do século XX e segue a vida de Aurora, unha mariscadora cuxa vida cambia radicalmente tras un traxecto tráxico. A través deste personaxe, Portas rende homenaxe ás mulleres do mar e á súa capacidade para enfrontarse ás adversidades, creando unha conexión entre as súas raíces galegas e a narrativa da novela. O mar, os pazos e o viño, elementos icónicos de Cambados, xogan un papel central na trama​

Laura Portas presenta a súa primeira novela no Espazo Nobel

A escritora Laura Portas estará acompañada neste acto da xornalista María Doallo (La Voz de Galicia).

Botón volver arriba