Foi presentada a 40ª edición do Concurso da Constitución para escolares que organiza a subdelegación do Goberno en Ourense.
Na edición de 2024, os traballos que se presenten a este concurso terán que tratar sobre o artigo 47: «Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada«.
Concurso da Constitución para escolares de Ourense
«Nesta ocasión agardamos superar todas as cifras e para iso estamos realizando unha gran campaña de difusión, polo que xa enviamos as bases a todos os centros educativos«, indicou o subdelegado, Eladio Santos.
Manuel Arias, secretario xeral da Subdelegación, indicou que «Os participantes de educación infantil, primaria e educación especial deben presentar un debuxo ou traballo artístico; mentres que os de ESO, bacharelato, formación profesional e universitarios poden escoller entre unha fotografía ou a elaboración dun vídeo de non máis dun minuto de duración«.
O prazo de presentación de traballos remata o 15 de novembro. Os traballos premiados recibirán o seu recoñecemento no acto que terá lugar o 6 de decembro, día da Constitución, no Auditorio de Ourense.