Esta noite terá lugar un concerto solidario contra a depredación enerxética no Café Cultural El Pueblo de Ourense.
Este acto pretende «sementar información» ante a manifestación contra os muíños eólicos que está convocada para o próximo 24 de novembro.
Concerto solidario contra a depredación enerxética
O acto, organizado por «Afiando o Vento», ten como lema «As cidades e o rural xuntas contra o capital». Este movemento loita contra a instalación de muíños eólicos en espazos naturais que benefician a grandes empresas.
No acto que terá lugar no Café Cultural El Pueblo atoparemos dous concertos e un bingo musical. A música, a cargo dos grupos Malheira e O’Leo de Matamá levará ó escenario a dous dos mellores grupos do Punk e o Metal de Galicia.
O actor e cómico Diego Freire, coñecido pola canle «Noticias Dispersas», presentará o Bingo Musical no que os premios serán regalos artesáns. O prezo da entrada solidaria deste evento será de 5€ e estará dispoñible unha fila cero para os que non poidan asistir.