A cidade de Ourense acolle este domingo unha manifestación contra o saqueo enerxético que sufre Galicia e que está impulsada pola plataforma Afiando o Vento.
O domingo, 24 de novembro, os manifestantes están convocados para reunirse ás 12h diante do edificio da subdelegación do Goberno en Ourense.
Ourense acolle unha manifestación contra o saqueo enerxético
Durante o percorrido por varias rúas da cidade, os participantes realizarán paradas diante dos organismos que se consideran «cómplices» con este saqueo. O percorrido rematará na Praza Maior ás 14h coa lectura dun manifesto e os nomes dos máis de 100 colectivos que apoian esta convocatoria.
«O pobo galego unido contra a depredación enerxética. As cidades e o rural contra o capital», é o lema desta convocatoria. Esta protesta ten como obxectivo loitar contra a explotación das empresas enerxéticas, as macrogranxas e as mineirías.