O grupo municipal do PSdeG-PSOE pregutna polo custo do Cartel do Entroido de Ourense para o ano 2025 e as ideas principais do seu deseño.
Os socialistas rexistraron varias preguntas nas que solicitan información sobre o autor do cartel, a inspiración do deseño e o custo para o concello.
O PSdG-PSOE pregunta polo custo do Cartel do Entroido
Desde a alcaldía responderon a estas cuestións aportando a seguinte información:
- O cartel foi elaborado pola empresa ourensá Shinobi.
- Gonzalo Pérez Jácome indicou que non ten «acceso á profundidade das mentes para responder» á segunda cuestión.
- O concello asume un custo de 1.500€ máis IVE por este traballo.

Desde o PSdeG-PSOE do concello de Ourense sinalan que «o cartel non está á altura do que significa o entroido para Ourense e que dende que DO organiza a programación para unha das datas máis significativas do almanaque estas foron perdendo o seu sinal de identidade, paulatinamente, para converterse nunha aposta que se limita ás orquestras».