Noticias

Obras de reasfaltado provocarán cortes de tráfico en varias rúas de Ourense

As obras de reasfaltado que a Xunta de Galicia executará desde o luns 21 ata o xoves 24 de setembro obrigarán a realizar cortes escalonados de tráfico nas rúas Río Arnoia, Eulogio Gómez Franqueira e na contorna da antiga estación de autobuses de Ourense.

Os traballos desenvolveranse por tramos para reducir a afección á mobilidade e manterase en todo momento o servizo de transporte público.

Obras de reasfaltado provocarán cortes de tráfico en varias rúas de Ourense

O luns 21, pola mañá, cortarase a circulación en Río Arnoia entre a avenida de Santiago e Alejandro Pedrosa. Pola tarde, os traballos avanzarán ata a rúa Quintián e, posteriormente, ata o encontro con Eulogio Gómez Franqueira.

Obras de reasfaltado provocarán cortes de tráfico en varias rúas de Ourense

Entre o martes 22 e o xoves 24, as restricións trasladaranse a Gómez Franqueira. Primeiro afectarán ao tramo entre Quintián e Santa Ana e, posteriormente, ao resto da vía ata a rotonda da antiga estación de autobuses.

Durante as obras, os tramos afectados permanecerán pechados ao tráfico xeral, aínda que os autobuses urbanos poderán circular polos mesmos. O paso será regulado en tempo real polo persoal encargado da sinalización dos traballos.

A Policía Local recomenda aos condutores extremar a precaución, respectar a sinalización provisional e utilizar itinerarios alternativos mentres duren as actuacións.

Botón volver arriba